ALONSO MONTERO, XESUS

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, traductor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudios e traballos entre os que cabe destacar: "Cen anos de literatura galega" (1964), "Informe -dramático- sobre la lengua gallega" (1973), "Celso Emilio Ferreiro" (1982), "Luís Pimentel: biografía da súa poesía" (1990), "Decálogo da lingua galega" (1990), "Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado)" (1991), "As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane" (Xerais 1994, 2002), "Ensaios breves de literatura e política" (1996), "Curros Enríquez no Franquismo (1936-1971)" (2003) e "A Batalla de Montevideo. Os agravios lingüísticos denunciados na Unesco en 1954" (Xerais 2003). Como poeta ten publicado, entre outras: "Versos satíricos ó xeito medieval" (2002), "Versos republicanos" (2002). Unha escolma da súa obra xornalística foi recollida en "Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)" (2000), publicación con motivo da concesión do Premio Roberto Blanco Torres 2000. Preparou diversas compilacións poéticas de homenaxe a autores da literatura galega: "Coroa poética para Rosalía de Castro" (Xerais 1985), "Coroa poética para Castelao" (Xerais 1988), "Coroa poética para un mártir" (Xerais 1996), Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte (1999) e "47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez" (Xerais 2001).


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: